Asesoramento legal e xurídico en todo tipo de cuestións relacionadas co dereito ambiental e urbanístico dirixido a empresas, administracións, organismos e particulares.
A asesoría que ofrecemos comprende unha ampla gama de servizos: avaliación ambiental, análises xurídicas sobre aspectos ambientais que xorden en proxectos e modificacións empresariais, viabilidade de reclamacións por danos e afectacións ambientais, expedientes de plan, xestión e tramitación de licenzas, permisos e autorizacións, e todo tipo de cuestións afíns ás diversas áreas do dereito ambiental.
Colaboramos cun grupo de avogados expertos en litixio ambiental para a articulación xurídica das pretensións que elaboran un informe sobre a viabilidade de cada asunto, e no seu caso, expoñen as posibilidades de defensa na vía administrativa e/ou xurisdicional.
Correo para consultas xurídicas: consultoriajuridica@planesga.es